08
ene

 

A nosa alumna do Conservatorio de Música na especialidade de canto e bombardino Inés Arenaz, participou este Nadal no programa xuvenil Pequenos Fenómenos da TVG. Durante a final, celebrada este sábado 4 de xaneiro, todos pudimos gozar dunha solidaria competición entre oito nenos e nenas na que Inés se alzou co segundo posto.

 

Inés apoiou cos 1.000€ do premio á asociación Ocio Inclusivo de Oleiros, cuxa labor principal é organizar actividades de lecer a tódolos nenos da zona que teñen algún tipo de discapacidade, para que poidan gozar de actividades igual que outros nenos. Esta asociación recibe axuda principalmente de particulares e voluntarios, que colaboran con eles tanto economicamente como co seu tempo e labor educativa. Un xesto de solidariedade que servirá a todo o Centro como exemplo a seguir.

 

Podedes ver a final coas as actuacións da nosa artista neste vídeo, cantando Mayday no minuto 32:02, Radioactive a partir do minuto 1:43:30, e a decisión do xurado para partir do minuto 2:21:05.

 

Parabéns Inés!

0 No comments

Comments are closed.