14
abr


 

Para os peques (e non tan peques) amantes de Pixar, os profes de percusión e trompa enviámosvos a nosa pequena aportación a fin de animar estas melancólicas datas.

 

Tras demostrar que, cando as cousas se complican, cada un trata de entregar o mellor anaquiño de si mesmo aos demais, nós quixemos encauzar as nosas ganas de axudar cara o que máis nos apaixona… a música!

Esperamos que o pasedes tan ben escoitándoa como nós interpretándoa.

 

Unha aperta a todos os que gozan da música e, en especial, para tódalas nenas e nenos cos que traballamos online cada semana: Jorge, Hugo, Miguel, Saúl, Iago, Artai, Manuel, Martín, Sergio, Lucas, Xoel, Inés, Pau, Verita… Grazas!

 

Pablo del Valle e Lucía Picón
Profesores de Percusión e Trompa do Conservatorio e da Escola de Música Liceo la Paz

0 No comments

Comments are closed.