17
may


 

A música encheu o Liceo polo Día das Letras Galegas o pasado 14 de maio. Celebramos, un ano mais, a Semana das Letras Galegas coa actuación da nosa Banda de Música, cun enfoque didáctico e moi especial. Ao longo de dous pases pola tarde o noso alumnado de Primaria disfrutou dun repertorio cheo de emoción, cine e tradición.

 

A diferenza doutros anos, nesta ocasión quixemos achegar ao alumnado á música a través de coñecidas bandas sonoras cinematográficas, sen esquecer as nosas raíces, representadas na peza final, Terriña Galega, do compositor Javier González Borrajo.

 

Todo Primaria, dende o público, acompañou á banda cantando. Os seus profesores de música, Wilson e Amaia, encargáronse de traballar estas pezas na aula, logrando un coro de 750 alumnos.
 

Agradecemos o seu esforzo por preparar estas cancións, tanto para a actuación no Centro Ágora acompañando á Banda Municipal de Música, como para a actuación deste gran día das Letras Galegas.

 

Como colofón, algúns alumnos de 6º de Primaria, ensaiaron unha e outra vez a «Terriña Galega» co seu profe de música Wilson para cantar coa Banda do Liceo La Paz.

 

Repertorio interpretado:

  • The Lion King – Arr. Pau Lavender
  • Harry Potter – Arr. Michael Story
  • Caracol Mi-Fa-Sol – Ferrer Ferrán
  • Libertad – Nil Moliner
  • La Pantera Rosa – Arr. De Meij
  • Terriña Galega (Catro vellos mariñeiros, Amoriños collín na beira do mar, O carro, Eu queríame casare, Se te casas en Ourense, A Carolina) – Javier González Borrajo

 

Non esperes que cho conten e dalle ó video para ver a sorpresa que prepararon!

 

Parabéns a todo o alumnado e profesorado pola calidade musical e pola participación. Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe e moita música.

 

0 No comments

Comments are closed.